Bases do sorteo | Sorteo de tendas

Bases do sorteo

Promoción xa rematada!

Valida aquí se fuches premiado!

×

Mensaxe de erro

User warning: The following module is missing from the file system: simplicity_pack. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /var/www/vhosts/sorteosdetendas.com/httpdocs/includes/bootstrap.inc).

 

BASES DO SORTEO

I. OBXECTO

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES", desenvolverá do 15 de decembro de 2016 ao 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive, a promoción "CAMPAÑA DE NADAL 2016" (de aquí en diante CAMPAÑA). Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

2. ÁMBITO DE PROMOCIÓN

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demáis empresas integradas en EMGROBES e C.C.A. "DE TENDAS", que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar os códigos da promoción nin canxear os vales compra.

As bases estarán publicadas e dispoñibles na páxina web www.sorteosdetendas.com.

3. PREMIOS

Os premios que constitúen a presente campaña serán os seguintes:

PREMIOS VALES DE COMPRA

2 PREMIOS DE 300 € EN VALES DE COMPRA DO C.C.A. "DE TENDAS"

4 PREMIOS DE 200 € EN VALES DE COMPRA DO C.C.A. "DE TENDAS"

9 PREMIOS DE 100 € EN VALES DE COMPRA DO C.C.A. "DE TENDAS"

SORTEO DE PREMIOS

O sorteo dos vales compra realizarase o dia 08 de xaneiro de 2016 entre tódolos boletos rexistrados na páxina web www.sorteosdetendasdas.com no periodo marcado pola promoción da campaña. O sorteo seguirá a seguinte orde:

1º VALES COMPRA DE 100,00 €

2º VALES COMPRA DE 200,00 €

3º VALES COMPRA DE 300,00 €

La persona que reciba un premio, quedara excluida de los sorteos de los premios siguientes.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" resérvase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.

4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.

Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas a EMGROBES. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo no comercio ou empresa asociada durante o período de vixencia da promoción (do 15 de decembro de 2016 ao 6 de xaneiro de 2017).

A cada cliente pola súa compra entregaráselle unha tarxeta cun código impreso único alfanumérico, válida para un só uso, que o consumidor poderá validar calquera día da semana, as 24 horas do día e ata ás 23:59h do 6 de xaneiro de 2017 a través da web: www.sorteosdetendas.com. Chegado ese momento, rematará a posibilidade de que os participantes continúen validando códigos.

O establecemento participante poderá entregar o número de códigos polas compras realizadas o seu criterio

Aquelas persoas que non conten con medios técnicos ao seu alcance, poderán acudir á sede da asociación para validar os seus códigos.

Para participar os usuarios deberán introducir os datos do código único da súa tarxeta. De seguido, deberán rexistrarse con datos:

NOME
APELIDOS
TELÉFONO
DATA DE NACEMENTO (campo opcional)
E-MAIL
LOCALIDADE DE RESIDENCIA

Na promoción entran en xogo os códigos, non o rexistro da persoa, polo que cantos máis códigos teña unha persoa acumulados, máis posibilidades terá de resultar premiado.

Os gañadores serán publicados na páxina web da campaña www.sorteosdetendas.com e serán contactados polo promotor dacordo cos datos do rexistro. É imprescindible gardar o CÓDIGO posto que solicitaráselle, se resulta premiado.

Cada cliente poderá participar tantas veces como códigos obteña mediante a compra ou contratación de servizos, aumentando deste xeito as súas probabilidades de resultar agraciado cun premio.

A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.

Todos os datos introducidos polo participante deberán ser veraces. No suposto de que o participante rexistrárase con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado tecnoloxía informática para acadar obxectivos fraudulentos, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.

A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES", resérvase o dereito a exercitar todas as accións legais que lle asistan contra os infractores.

5. ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS

Para a entrega dos PREMIOS ADXUDICADOS, unha vez o sistema detecte que o participante obtivo un premio, automáticamente enviaráselle unha mensaxe por e-mail (ao enderezo facilitado no rexistro) acreditándoo como premiado/a. No prazo de 5 días hábiles o premiado deberá acreditar a súa condición de gañador dirixíndose á sede da Asociación, séndolle requerido o código premiado.

Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores.

Estes PREMIOS serán entregados no momento en que o gañador acredite dita condición e nun prazo de 5 días, estos premios terán unha validez 30 días a partir do día que se realizou dito sorteo(8 de xaneiro de 2017).

6. OUTRAS CONDICIÓNS DOS PREMIOS

  • En calquera dos casos, os premiados deberán entregar a tarxeta co código premiado, nos prazos establecidos previamente para a identificación do premiado.
  • A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" resérvase o dereito a non aceptar tarxetas de códigos ilexibles, manipulados, falsos ou con calquera defecto ou anomalía que impidan o seu recoñecemento ou validez de participación nesta promoción.
  • O período de reclamacións ao promotor finaliza en 7 días hábiles transcurridos dende a comunicación ao gañador.

7. LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" resérvase o dereito, se concurre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, EMGROBES, quedará liberada do cumprimento da obriga contraida con dito participante.

Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que EMGROBES poida darlle sobre as presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas.

O gañador de calquera dos premios non poderá ser o propietario/titular/socio, os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillos/pais) do establecemento onde fora entregada a tarxeta de código. Dada a imposibilidade material por parte de EMGROBES de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera de elas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluirase como premiado aplicándose o mecanismo referente ao suplente, no caso dos premios denominados “GRANDES PREMIOS”. No caso dos PREMIOS DIRECTOS, o premio quedará deserto.

Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.

8. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES

  • A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.
  • EMGROBES non será responsable se a tarxeta de código é ilexible, incorrecto, está danado, perdeuse, sustraíuse ou calquera outra circunstancia allea ao promotor que anule o dereito do gañador a reclamar o premio.
  • EMGROBES non será responsable por danos e prexuízos de calquera natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade das redes de telecomunicacións ou a web ou o microsite mediante o cal participa na promoción.
  • EMGROBES non será responsable se ao tratar de contactar co teléfono do gañador ou o seu correo electrónico están fora de servizo ou non reciben axeitadamente.

9. DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES

REPERCUSIÓN FISCAL

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" non se fará cargo dos impostos ou devengos derivados da entrega dos premios da presente promoción, salvo aqueles que por lei correspóndalle satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que corresponda en virtude da lexislación aplicable.

Dado que os importes individuais dos premios da presente promoción non exceden da cantidade de 300€ que obriga á practica da retención según se recolle na Lei 35/2006 de 28 de novembro do IRPF, o Real Decreto 439/2007 de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF e o Real Decreto 2004/2009 de 23 de decembro que modifica o anterior, non procede por tanto a realización de retencións por parte da ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES", queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado pudieran derivarse da obtención do premio.

TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A efectos de dar cumprimento a L.O.15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" informa de que os datos proporcionados por calquera medio polos participantes da promoción na web www.sorteosdetendas.com serán incorporados a un ficheiro automatizado responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar o seu acceso e participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións e servizos con fins publicitarios e de prospección comercial, así como para o uso interno dos mesmos e o envio de comunicacións (a traves de chamadas telefónicas, mensaxes sms, mms e correo electrónico) relativos aos aspectos anteriores. Así mesmo, o tratamento de datos incluirá a realización de perfís, segmentacións e enquisas. A realización de tratamentos con fins publicitarios e de prospección comercial implicará facer chegar, por calquera medio información, publicidad e promocións comerciais da ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES". O consentimento para o tratamento dos datos para as finalidades informadas entenderase prestado de forma manifesta e inequívoca mediante a comunicación dos datos a través da participación nas campañas promocionais tanto a través da web como calquera outro soporte físico.

Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita via e-mail a emgrobes@emgrobes.org ou enviando ao enderezo Luis casais nº 1-1º en O Grove, Pontevedra (Teléfono de contacto: 986 73 20 11). 

ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

Os gañadores nesta promoción autorizan á ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES" a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos, enderezo e imaxen en calquera actividade publicitaria e/ou promocional relacionada coa promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración económica ou en especie ou beneficio algún. A cesión inclúe os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública de gravacións ou imaxenes captadas, sen limitación de tempo nin territorio.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS "EMGROBES". Para verificar esta aceptación ao participante solicitarase a aceptación expresa no momento de validación de códigos. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases por EMGROBES, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Cambados, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.

En O Grove a 15 de DECEMBRO de 2016